A autovía A54 no seu tramo en construcción Palas de Rei-Melide, adxudicado a empresa Acciona polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, agochaba, para sorpresa de todos, un xacemento arqueolóxico inédito no noroeste da Península Ibérica; un campo de fosas funerarias. Actualmente, acaba de rematar a primera escavación das mesmas con Emilio Ramil, de Axa Aqueoloxía, como director. Asimesmo, a documentación audiovisual desta intervención correu a cargo de Lenda Visual. As reconstrucións dixitais do material cerámico procedente das furnas, fotogrametrías, ortofotos, modelos 3D, os voos de dron… nos que traballamos en Lenda Visual están a axudar na cataologación, estudio, difusión e rexistro  desta nova descuberta arqueolóxica que, sen dúbida, revolucionará as teses sostidas ata agora sobre este tipo de enterramentos de incineración no noroeste da Península Ibérica.

 

¿Como e onde se atopou o campo de urnas?

O achado tivo lugar en Xesteira das Palinas (Palas de Rei, Lugo) onde se levaban a cabo os controis arqueolóxicos rutinarios por parte de Axa Arqueoloxía para a construción dun tramo de autovía. Deste xeito, o equipo de Emilio Ramil, director da escavación, detectou os primeiros indicios cerámicos soterrados que os guiarían ó descubrimento de todo un campo de fosas que albergaban recipientes cerámicos ou urnas nas que se depositaban as cinzas dos mortos, datado na Idade do Bronce Final.

En Lenda Visual traballamos dende un primeiro momento trazando un ambicioso plan de colaboración con Axa Arqueoloxía no que nos comprometemos a levar un rexistro audiovisual das partes máis destacadas da escavación. Así, a nosa acción basouse en cinco puntos fundamentais; voos de dron periódicos, fotogrametrías, reconctrucións dixitais, fotografías e vídeos explicativos e, finalmente, un vídeo resumo ó rematar os traballos.

 

Vídeo da primeira urna funeraria atopada (mediante rexistro fotogramétrico)

https://www.youtube.com/watch?v=PInu3a1ehmE

 

¿En qué consistiu a escavación?

Conforme avanzaban as tarefas arqueolóxicas, establecéronse dúas zonas diferenciadas no xacemento:

Por unha banda, a denominada Zona 1, que corresponde ós restos dunha ocupación do Calcolítico consistente nun recinto habitacional  con dúas fosas, grella e restos carbóns. Porén, esta zona preséntase alterada pola etapa galaico romana, como testemuñan restos de cerámicas e tégulas, co cal os arqueólogos afirman que estaríamos ante a combinación de dúas fases culturais diversas.

Pola contra, o estudo do material cerámico na Zona 2  confirmou que a mesma pertence por enteiro á Idade do Bronce Final. Dentro dela, se atoparon 55 fosas de incineración, 40 das cales no interior da traza da autovía, polo que estas últimas constituíron o obxecto das escavacións.

Pouco a pouco, os resultados das labores arqueolóxicas foron dando froitos e, desta maneira, puídose concretar o seguinte patrón nas unidades estratigráficas das fosas:

  • Unha capa de terra cubríndoas
  • Unha grella de pedra sobre a terra
  • O corte da propia fosa.

Tamén, comprobouse que respondían a un diámentro de entre 60cm a 2m e a unha profundidade de entre 40cm a 90 cm.

Dende Lenda Visual, centramos moito os esforzos nesta segunda zona; primeiro por mor da novidade que implica e o conseguinte interese que levanta, e segundo, pola profusión de elementos cerámicos que conforman as urnas. Mediante a dixitalización dos materiais, fomos quen de reconstruir con precisión vasos de incineración e fíbulas, como se pode apreciar nas seguintes imaxes:

De especial interese, sen embargo, é o feito de que en todas as fosas atopamos material cerámico, incluso nalgunhas, urnas prácticamente enteiras”, afirma Emilio Ramil, quen xustifica a datación do campo de urnas en base á morfoloxía da cerámica atopada: “Estaríamos falando dun Bronce Final en transición á Idade de Ferro Inical porque xa se localizan anacos con posta tipo “sánswich” e formas, como a combinación dos bordes rectos con vasixas de perfil globular e panzudo en bordes envasados. Aínda que o interior non está usualmente torneado, o exterior posúe acabados alisados ou peiteados”.

A este respecto, é moi destacable comprobar como, mediante o traballo audiovisual, pódenselle dar texturas fotorrealistas ás reconstruccións cerámicas conseguindo unha precisión abraiante e, ademáis de dar vida á labor dos profesionais. Resultan de gran axuda para abrir os ollos non expertos a un mundo ata o de agora pouco coñecido e do que, desgraciadamente, non temos toda a documentación que desexaríamos.

Por outra banda, no que se refire ó persoal da intervención, Emilio Ramil contou cun equipo multidisciplinar de arqueólogos, auxiliares de arqueoloxía, unha restauradora e un forense.

Na tentantiva de dar visibilidade á labor dos integrantes do equipo e co convencemento de que cada función realizada conta, quixemos levar un rexistro e descriptiva a través da documentación audiovisual de cada un dos traballos realizados polos profesionais.

 

Vídeo da extracción dunha urna funeraria por parte de restauradora Diana Blanco coa axuda da arqueóloga Vanesa Trevín.

https://www.youtube.com/watch?v=WhXqyg_NMug

¿Por qué reviste importancia esta escavación?

  • Antecedentes en Europa e na Península Ibérica

Os campos de urnas funerarias constituíronse como o fenómeno de incineración dos cadáveres, a súa deposición en urnas cerámicas e o seu enterramento en buracos na terra, coa conseguinte formación dunha necrópolis e, xeneralmente, coa inclusión nas fosas de obxectos de prestixio en bronce.

A maioría dos historiadores coincide hoxe en que máis que unha cultura funeraria homoxénea, foi unha especie de moda difundida por préstamos culturais entre o final da Idade do Bronce e principios da Idade do Ferro por Europa, que, na súa etapa de maior apoxeo, entre os séculos XIII a.c. e VIII a.c., estendeuse dende o Danubio e o Báltico ata o mar do norte e o nordeste da Península Ibérica.

Porén, no momento en que os primeiros indicios de incineracións apareceron en Europa, aínda preexistía o rito extendido por todo o continente da inhumación dos cadáveres, e, moi probablemente, ambos conviviron por un tempo ata que, en amplas zonas, a incineración acabou impoñéndose.

As manifestacións máis tempranas deste fenómeno atopáronse na Alta Baviera e datan de entre o 1250 a.c e o 1.200 a.c. Dende ahí, importantes e grandes xacementos foron escavados por todo o continente, sendo Can Missert (Tarrassa, Barcelona) o máis antigo da Penísula Ibérica, cunha datación de entre o 1150 a.c. e o 950 a.c.

 

  • Discusión e polémica

Manuel Pellicer Catalán, da Universidade de Sevilla, aseguraba en Los inicios del rito funerario de la incineración en la Península Ibérica que “el origen y la cronología del rito funerario de la incineración en la Iberia sigue siendo, todavía, en parte, un problema no resuelto”. Pola súa banda, Martín Almago-Gorbea, da Universidad de Salamanca resaltou máis dunha vez a importancia que ten o estudo deste fenómeno funerario para a correcta interpretación dos últimos períodos da nosa Prehistoria.

Unha tarefa que non parece moi doada tendo en conta a disparidade de opinións por parte dos expertos. O propio Almago-Gobea adxudicou unha cultura común de fosas funerarias que excluía outras manifestacións similares ó sur de Francia e ó noroeste da Península Ibérica, en concreto, Cataluña, o Val do Ebro e o norte da rexión valenciana. Aínda que, pouco a pouco foron descubríndose en España outros xacementos na meseta ou no sur, moitos autores fixeron fincapé nas diferenzas existentes e teorizaron sobre porqué estas demostracións chegaran con tanta forza o noroeste, expoñendo supostos como a influencia cultural centroeuropea nesta zona ou a chegada por mar a Tarragona dos primeiros influxos.

Sexa como sexa, o que sí é certo e que a maior profusión deste tipo de enterramentos se ubicaba no nordeste da Península Ibérica e todo semellaba apuntar que o fenómeno non chegara ó noroeste. Ata agora.

 

  • A contribución de Lenda Visual

É innegábel que hoxe en día a dixitalización de contenidos e os medios audiovisuais forman parte fundamental da nosa vida tanto persoal coma laboral. Por iso, todas as profesións van incorporando pouco a pouco áeras de comunicación dixital dende as que otorgar visibilidade ós seus cometidos; ter presenza na rede é, cada vez máis, existir.

Neste senso, a nosa idea é a de poder trasladarlle a arqueoloxía e as súas descubertas a todas as personas interesadas e a de intentar introducila na vida de quen, a priori, lle é máis allea. Unha das chaves para logralo é, sen dúbida, a educación e a interactividade. Por tal razón, apuntamos, en resumo, a dar vida ós campos de fosas para os cidadáns contemporáneos á par que facilitamos e aceleramos loxísticamente a investigación do noso pasado.

Como xa dixemos, dende o inicio dos traballos en Xesteira das Palinas os nosos esforzos centráronse en soster, dunha forma importante, a parte de rexistro do material da excavación. Sen embargo, outra das nosas tarefas non menos primordial é a de empregar ese rexistro para a divulgación e posta en valor desta nova e fascinante descuberta. Por tanto, agora que rematou a primeira fase de excavación, o noso plan a futuro próximo é o de retransmitir a través das nosas Redes Sociais e a nosa páxina web o proceso de escavación, mostrar as reconstruccións de materiais e vídeos explicativos e informar das novas.

Non podemos, por último, rematar sen anunciar que tamén na nosa web e Redes Sociais publicaremos o vídeo final sobre esta intervención, no que se poderán apreciar as diversas fases e os seus resultados, así como escoitar as principais conclusións do director das labores, Emilio Ramil e o seu equipo de traballo.